miércoles, 29 de junio de 2016

A nosa roda dos alimentos.

Durante o terceiro trimestre en Ciencias da Natureza os nenos estudiaron o tema: Alimentación e saúde. Dentro deste tema traballaron coa roda dos alimentos.
Visto isto, o titor, Luis, pasoulle aos nenos un rexistro dieta semanal, para que anotaran o que comeron durante todo o día nunha semana.

Todos cubriron esta táboa.

Logo, cada un fixo un cadro e situaron os alimentos por cores segundo a roda dos alimentos xa estudiadas.
                                                                                                                                                              Aquí vemos a Paula facendo a súa táboa coas cores da roda. 
                                         



Despois de facer a táboa todos elaboraron axudados polo seu titor a súa  roda dos alimentos


      
Shaila fai a súa roda axudada por Luis.
Uxia descifrando os datos.

 Iago V. fai a súa roda.

Outro día, Luis ensinoulles na pizarra as rodas , unha por unha, para que viran a distribución dos alimentos e como influe na dieta diaria.











































No hay comentarios:

Publicar un comentario