jueves, 29 de junio de 2017

REPARTO DE FROITA


 Durante o inverno os nenos comeron froita do horto do cole: mazás, peras, laranxas...

No mes de maio realizamos o reparto da froita. Todo o profesorado colaborou. Foi todo un éxito para o alumnado. Descubrimos que os nenos comen moi ben a froita na hora do recreo. Seguiremos a darlla.


 O alumnado de Educación Infantil prepararon o zume e bebérono. Que rico!!

 O alumnado de 4º de E.P. saborearon os amorodos.

LIBRO DE RECEITAS DO OUTONO

No mes de outubro pedímoslles aos nenos e nenas que trouxeran unha receita feita da casa con productos do outono. Dimos un modelo de ficha . Cada un foi traendo a súa receita e con todas fixemos un libro. Mirade que chulo!!






miércoles, 28 de junio de 2017

PANEL COAS FROITAS

Investigaron cando se daba cada froita, cal era a súa estación e elaboraron un precioso panel coas froitas que comeron no repato e coas que colleron aquí da nosa colleita.





CARTAZ HERBAS AROMÁTICAS E MEDICIÑAIS.

Os nenos e nenas de 4º de E.P. fixeron un verdadeiro traballo de campo e investigación.  Primeiro buscaron información en libros, enciclopedias, etc. Logo, investigaron en Internet e, por último, no xardín das herbas analizaron cada herba e catalogáronna. Como remate do traballo, fixeron o cartaz con moito coidado e esmero.



HORTO ESCOLAR

Ao longo de todo o curso os nenos estiveron indo ao horto a plantar, coidar e recolectar todolos productos que alí foron medrando pouco a pouco.




 








Tamén fixeron un sementeiro. Disfrutaron moito plantando as pequenas plantiñas.

O noso sementeiro

VOLTA AO COLE

Un novo curso comezou e nós xa nos puxemos dende o primeiro momento a recoller a colleita do plantado no curso anterior.





Esta é a colleita recollida. Levamola ao comedor e este é o resultado. Un riquísimo bonito en salsa de tomate e pementos do horto.