jueves, 29 de junio de 2017
REPARTO DE FROITA
Durante o inverno os nenos comeron froita do horto do cole: mazás, peras, laranxas...
No mes de maio realizamos o reparto da froita. Todo o profesorado colaborou. Foi todo un éxito para o alumnado. Descubrimos que os nenos comen moi ben a froita na hora do recreo. Seguiremos a darlla.
O alumnado de Educación Infantil prepararon o zume e bebérono. Que rico!!
O alumnado de 4º de E.P. saborearon os amorodos.
LIBRO DE RECEITAS DO OUTONO
No mes de outubro pedímoslles aos nenos e nenas que trouxeran unha receita feita da casa con productos do outono. Dimos un modelo de ficha . Cada un foi traendo a súa receita e con todas fixemos un libro. Mirade que chulo!!
miércoles, 28 de junio de 2017
PANEL COAS FROITAS
Investigaron cando se daba cada froita, cal era a súa estación e elaboraron un precioso panel coas froitas que comeron no repato e coas que colleron aquí da nosa colleita.
CARTAZ HERBAS AROMÁTICAS E MEDICIÑAIS.
Os nenos e nenas de 4º de E.P. fixeron un verdadeiro traballo de campo e investigación. Primeiro buscaron información en libros, enciclopedias, etc. Logo, investigaron en Internet e, por último, no xardín das herbas analizaron cada herba e catalogáronna. Como remate do traballo, fixeron o cartaz con moito coidado e esmero.
HORTO ESCOLAR
Ao longo de todo o curso os nenos estiveron indo ao horto a plantar, coidar e recolectar todolos productos que alí foron medrando pouco a pouco.
Tamén fixeron un sementeiro. Disfrutaron moito plantando as pequenas plantiñas.
O noso sementeiro
Tamén fixeron un sementeiro. Disfrutaron moito plantando as pequenas plantiñas.
VOLTA AO COLE
Suscribirse a:
Entradas (Atom)