miércoles, 29 de junio de 2016

A nosa roda dos alimentos.

Durante o terceiro trimestre en Ciencias da Natureza os nenos estudiaron o tema: Alimentación e saúde. Dentro deste tema traballaron coa roda dos alimentos.
Visto isto, o titor, Luis, pasoulle aos nenos un rexistro dieta semanal, para que anotaran o que comeron durante todo o día nunha semana.

Todos cubriron esta táboa.

Logo, cada un fixo un cadro e situaron os alimentos por cores segundo a roda dos alimentos xa estudiadas.
                                                                                                                                                              Aquí vemos a Paula facendo a súa táboa coas cores da roda. 
                                         



Despois de facer a táboa todos elaboraron axudados polo seu titor a súa  roda dos alimentos


      
Shaila fai a súa roda axudada por Luis.
Uxia descifrando os datos.

 Iago V. fai a súa roda.

Outro día, Luis ensinoulles na pizarra as rodas , unha por unha, para que viran a distribución dos alimentos e como influe na dieta diaria.











































lunes, 27 de junio de 2016

Como traballamos coa froita?

Unha vez coñecidas as froitas o seguinte traballo era que buscaran e investigaran cales eran as medidas de hixiene e de manipulación das froitas e por que eran necesarias estas medidas.
Como tema no encerado púxose o título que tiña que levar o traballo e se lles pidiu que tiñan que tomar nota da información que recolleran e despois facer unha exposición oral do tema.
Título: Normas de hixiene e manipulación da froita.
Por grupos puxéronse a traballar.









 



Os nenos buscando información por grupos.

  Tomaron notas para despois expoñelo ao grupo clase.
Os nenos non tiveron problema de explicarlle as normas aos seus compañeiros e puxeron en común ao final as de todos.




Ao final o grupo que rematou antes quixo facer un cartel do seu traballo este é o resultado.

Comezamos a investigación.

Despois de saborear toca traballar.
Luis, o titor, fixo un modelo de ficha para que os nenos foran complementandoa cos datos que buscaron en Internet de cada froita.
Carla e Santi preparan a súa ficha.
Coñeceron a orixe, as características, o seu nome científico e as utilidades, pois non so se comen...

Buscaron en interet a información.

Luis axudou na busqueda.


Martín escribe o que lle di o seu compañeiro.

Todos traballaron xuntos.















Aprenderon a buscar a información axeitada, a buscar fotos e a pegalas nun procesador, a debuxalas tal e como eles as ven, e sobretodo a poñerse de acordo entre eles dentro do grupo.










Despois con esas fichas fixemos dous libros: "Froita? Nunca é moita!!!!






Mirade que ben quedaron. Os nenos e nenas escribiron, debuxaron, pintaron e decoraron. Todos estaban orgullosos do seu traballo. Podedes velo na foto do grupo que eles mesmos quixeron facer.


As froitas???

Durante unha semana estivemos comendo froita. Todos a comeron de maravilla non so os de 3º senon ata os mais pequenos. Fixádevos que maravilla!!!


     
Os de 3 anos comeron as mazás e as....laranxas en zume.






Os nenos de 3º saborearon tamén as mazás e os de 5º as laranxas.

                    
 Todos comimos con ansia. Descobrimos que a froita estaba moi boa!!


Así comezamos...

Explicamos aos nenos de 3º de E.P. que íamos traballar este curso co Plan Proxecta: Aliméntate ben.
Xa que participabamos no reparto de froita nas horas de lecer.  Todos estaban encantados e desexando empezar...

Analizan a información dada

Puxemos aos nenos en grupo e foron analizando o que o Plan proxecta nos pedía e o que nós tiñamos programado para facer durante o curso e nos puxemos mans á obra....